Nun vibrante partido contra o Celtiga C.F. o Verín conseguiu afianzarse na segunda posición da táboa clasificatoria e rematar a temporada en postos de ascenso directo, polo que para a vindeira temporada xogara en terceira división.
O Verinenses, que chegaban a este ultimo encontro da preferente sur dependendo de si mesmos, saíron pola vitoria dende o premer minuto e adiantáronse no marcador gracias a un testarazo de David Soares, pouco antes de chegar o descanso, empataría o Celtiga dende o punto de penalti tras unha clara man de Pablo Roca. Pouco duraría esta situación, pois no comezo da segunda parte, o Verín marca o seu segundo gol tras unha gran xogada de Iago Beceiro e un David Soares que soubo estar no lugar indicado para rematar a gol o rexeite do porteiro. Aínda poría máis terra de por medio o Verín, cando a falta de dez minutos para o final, Unai facía o terceiro gol deixando case sentenciado o partido. A cinco minutos para o final o Celtiga marca o segundo gol dándolle emoción os minutos finais aínda que o marcador non volvería a moverse.
Fonte: http://www.verincf.es/