O eco rexiomontano

Novas da comarca de Monterrei

O PP perde a maioría absoluta en Verín pero mantense no resto da comarca

A lista encabezada por Juan Manuel Jimenez Moran, que no 2011 conseguira o 56,89 % dos votos, perdeu nestas eleccións case o 19% dos seus votantes quedándose no 38.07%.

Có 100% do escrutinio o P.P. segue a ser a lista máis votada con 7 concelleiros, tres menos que na anterior lexislatura, o P.S.O.E. pasa de catro a seis concelleiros e o B.N.G. consegue catro concelleiros, un máis que nas pasadas eleccións. SON de Verín consegue o 4,46% dos votos pero non lles chega para entrar no concello.

Menos variacións houbo no resto da comarca, xa que non houbo ningunha sorpresa e seguen a gobernar as mesmas siglas que na anterior lexislatura

En Castrelo do Val, o P.S.O.E. reedita a maioría absoluta con 6 concelleiros quedando o P.P. cos tres restantes. En Cualedro o P.P. consegue unha vitoria aplastante conseguindo oito dos nove concelleiros, sendo ese único concelleiro para C.X.G.. En Laza o P.P. consegue oito concelleiros un máis que no 2011 e entra no consistorio o P.S.O.E. con dous concelleiros. En Monterrei o fillo do anterior alcalde consegue a maioría absoluta con sete concelleiros, un menos que na pasada lexislatura, Veciños de Monterrei quédase con tres concelleiros e o B.N.G. un só concelleiro. En Oímbra, tamén haberá un traspaso de poderes familiar, xa que a filla do actual alcalde e cabeza de lista polo P.P. consegue a maioría absoluta con sete concelleiros repartíndose os catro restantes entre B.N.G. e P.S.O.E.. En Riós nada variou dende a pasada lexislatura conseguindo o P.P. sete concelleiros e o P.S.O.E. dous. Por último, en Vilardevós volveu gañar o P.P. por un só concelleiro quedando o P.S.O.E con cinco.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

Información

Esta entrada foi publicada o Maio 24, 2015 por en Uncategorized.
%d bloggers like this: