Dende o grupo de Facebook “Plataforma en Defensa do Castelo de Monterrei” chéganos estas imaxes onde se pode ver parte da “rehabilitación” do castelo que está realizando a Xunta de Galicia para reconvertelo nun hotel. Cemento, moito cemento e formigón. Tanto a praza do concello como o patio de armas locen a día de hoxe cunha gran capa de formigón, arquetas e sumidoiros. Se o resto da “rehabilitación” segue os mesmos valores estéticos e éticos, esta obra e os dirixentes que a apoiaron van ser recordados durante moito tempo