Entre as múltiples actuacións que o longo do ultimo ano e medio leva realizado a “Plataforma en Defensa do Castelo de Monterrei” sumouse este venres participar, por segundo ano consecutivo, nos maios de Verín.
Este ano a Plataforma confeccionou un maio con un dos elementos patrimoniais máis simbólicos e que mais identifican á comarca de Monterrei: Unha careta de peliqueiro-cigarrón, símbolo do entroido da comarca e na que engadiron na súa mitra o lema: NON Ó HOTEL
Ademais a Plataforma redactou as tradicionais coplas, cunha crítica aos responsables políticos do que consideran un roubo á cidadanía. As coplas puxéronse á venda agotándose o pouco tempo